Cerceda promove unha xornada para coñecer máis de preto o mundo dos fungos e dos cogomelos

Esta xornada promovida polo Concello de Cerceda será o vindeiro 29 de outubro onde, combinando formacións teóricas e prácticas, terá lugar a actividade de iniciación no mundo da micoloxía.

Celebrarase no Viveiro de Empresas de 10:00 a 11:30 horas, tempo onde se desenvolverá a formación teórica para que as persoas participantes poidan coñecer as diferentes especies e clasificacións.

De 11:30 a 13:30 horas, será a formación práctica, cunha saída o monte, recollida e clasificación e para a que se recomenda levar roupa e calzado axeitados. As inscricións poderán formalizarse ata o 27 de outubro no teléfono 981 68 50 01.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha