Cerceda propón para a rapazada escolarizada no municipio un Campamento de Nadal


O Concello de Cerceda propón para a rapazada escolarizada no municipio un Campamento de Nadal desde o 23 de decembro o 5 de xaneiro, actividade que se desenvolverá en horario de mañá, de 9:00 a 14:00 horas no Centro Cívico e no Pavillón municipal.

As inscricións poderán formalizarse ata o 16 de decembro por rexistro ou na sede telemática ata o 16 de decembro. O principal obxectivo deste Campamento é conseguir que a cativada goce do seu tempo de lecer mediante novas experiencias e poidan desenvolver costumes típicas do Nadal para despois facelo na casa, ao mesmo tempo que se favorece a conciliación das familias de Cerceda.

A programación consistirá en actividades lúdicas adaptadas ás diferentes idades, con propostas de ámbito cultural, xogos, manualidades, obradoiros de cociña de Nadal, obradoiros de adornos e abalorios típicos destas datas.