Cerceda propón un programa de actividades por parroquias

1 minutes read

O Concello de Cerceda proponlle á veciñanza un programa de actividades por parroquias co obxectivo de activar e manter corpo e mente, a partir do 9 de marzo cada xoves en horario de 10:30 a 12:00 horas nos diferentes locais sociais: A Silva, Rodís, Xesteda, Queixas, Meirama e Encrobas.

Impartirase ximnasia, ioga, actividades ao aire libre, pilates, tecnoloxía e ‘facemos memoria’. No que respecta a memoria, trátase de actividades prácticas para traballar a parte cognitiva, a través de exercicios de escritura, coñecementos, etc. Levarase a cabo recollida de información para a recuperación de memoria histórica e recuperación da tradición popular, cancións e refráns.

De tecnoloxía, actividades para o manexo e os diferentes usos dos móbiles; como facer unha video chamada, gravar un vídeo, fotografías, manexo do WhatsApp, etc.

Todas as persoas interesadas poden solicitar información ou anotarse, desde hoxe luns, 20 de febrero ata o luns 6 de marzo, no 981 68 50 01.