Cerceda proxecta a execución dunha nova rede de saneamento en Meirama


Será cun orzamento de 83.308, 28 euros con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña. Suporá a execución de 1.146 metros de canalización en tubaxe de PVC de 315 milímetros, e previamente executáronse as gabias para instalar 23 pozos de rexistro. As obras completaranse coas reposicións dos pavimentos afectados mediante cinco centímetros de aglomerado en quente, formigón en pavimento ou firme con grava.

O alcalde de Cerceda, Juan Rodríguez, salienta “a importancia” desta intervención en Meirama. O que buscamos é “ir aumentando a conexión para a futura instalación da depuradora, algo de gran relevancia para a veciñanza deste núcleo”, concluíu o alcalde.