Cerceda recupera a súa tradicional Feira das Nenas da Silva

1 minutes read

O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, presentou a Feira das Nenas e as competicións ecuestres que se recuperan no marco do evento festivo. “Esta Feira ten unha tradición importante desde mediados do século anterior cando menos. O seu nome vén de que se escollía a raíña da festa, aínda que loxicamente iso non se fai xa, pero si se mantén o nome da propia feira. Fixemos una aposta moi importante coa feira cabalar, cun referente como é Xacobe Pérez á hora de promocionar a equitación da pura raza galega, pero nesta feira tamén imos a ter moitas actividades”, apuntou Rodríguez.

Promo da Feira das Nenas.

O alcalde denominou coma “longa noite de pedra” o período vivido coa pandemia na que se priorizou a seguridade cidadá, dixo. “A xente ten ganas de este tipo de festas que reforzan a nosa identidade, e tamén estamos traballando nos eventos que virán como a Festa social dos Maiores e a Festa do Cochiño. Agradezo á Deputación e a comisión de festas da Silva o seu apoio para que sexan unha realidade. En definitiva estamos moi satisfeitos, moi ilusionados porque ademais contamos cun cartel que se merece este retorno. Esperamos que quede xa de agora en adiante”, apuntou o alcalde.

Acompañado do presidente da Asociación Pura Raza Cabalo Galego, Xacobe Pérez Paz, lembrou a importancia de recuperar, décadas despois, as competicións ecuestres. O evento comezará coa ruta Cabalar (10.00 horas), con saída e chegada desde o Campo da Feira, que percorrerá a cabalo os lugares máis significativos do concello.Destacou ademais a “variada programación da Festa das Nenas, que permitirá recuperar as tradicións locais e, por outra banda, ter un impacto na economía local”, tendo en conta o número de persoas que se darán cita o domingo na Silva.