O Concello de Cerceda rematou o primeiro Verán Saudable cunha gran satisfacción das persoas inscritas. Nesta primeira edición anotáronse unha vintena de veciñas e veciños da localidade.
Desenvolveuse durante os meses de xullo e agosto na contorna do Xardín Botánico e do Aquapark, para maiores de 18 anos e no que a base era a organización de actividades ao aire libre, con andainas, ioga, ximnasia de mantemento e tamén na auga. Agora despedíronse cunha pequena celebración de confraternización, con queiques ‘personalizados’ e viandas varias.
A concelleira de Benestar Social, Catrina Queijo, destaca “a implicación de todas as persoas anotadas nesta primeira edición, que agardamos, sente as bases para futuros veráns. A xentes está moi contenta coa actividade e iso fainos apostar por ela”.