0
O Concello de Cerceda dá por finalizados os traballos de mellora noutra das pistas do ámbito rural, neste caso da que une Portofranco e o Acevedo.
O alcalde, Juan Manuel Rodríguez, insiste na necesidade de “actuar homoxeneamente” ao longo “de todo o noso territorio”, así como “favorecer as conexións e accesos para vehículos agrícolas”, sinala o rexedor.
Neste caso, as intervencións constaron na optimización da vía e a adecuación de materiais para facela transitable e segura, sobre todo para vehículos. Empregouse maioritariamente zahorra en orixe, adecentáronse as cunetas e facilitáronse espazos para as augas de escorrentía.