Cerceda rematará a vindeira semana a senda peonil que a une con Meirama

1 minutes read

O Concello de Cerceda rematará a vindeira semana a execución da senda peonil que une os núcleos de Cerceda e Meirama, nun proxecto que contou cun orzamento total de 117.850 euros e que inclúe tamén o camiño Sucadío-Carballal, o de entrada a Parada, a canalización de pluviais en Atrio, o camiño en Carracedo e o aumento da senda peonil na DP-2405. Enmárcanse no Plan Único 2021 da Deputación da Coruña e finalizaranse nas vindeiras semanas.

Executouse así un tramo de 300 metros de senda peonil con 15 centímetros de formigón coloreado de 2 metros de ancho. Previamente realizáronse tarefas de demolición  da cuneta existente e apertura de zanxas para realizar a instalación de tubaxes e arquetas de sumidoiros para a recollida de pluviais.

“Supón un reforzo ao que se sumará a obra de mellora que ADIF vai a desenvolver a medio prazo na propia estación”, anuncia o alcalde, Juan Manuel Rodríguez.