Cerceda renovou as luminarias en Pontoxo con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental

1 minutes read

O Concello de Cerceda procedeu cos traballos de renovación das luminarias de Pontoxo, na parroquia de Encrobas, nun proxecto con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental e que contou cun orzamento de case cinco mil euros.

En total, cambiáronse 13 unidades, nunha intervención que suporá tanto un aforro enerxético, xa que a tecnoloxía LED desperdicia moi pouca enerxía, como a optimización da seguridade viaria, para condutores e peóns. Conseguirase un aforro enerxético de 472,5 kwh/ano ademais de eliminar a contaminación lumínica presente na contorna da igrexa e do local social.

O alcalde, Juan Manuel Rodríguez, insiste en “proxectar intervencións que melloren as condicións lumínicas á hora de poñer valor un lugar simbólico como Pontoxo, sendo unha actuación positiva para o noso rural”, admite.