O Concello de Cerceda súmase a iniciativa A Hora do Planetapromovida pola Federación Española de Municipios e Provincias e que terá lugar de 20,30 ás 21,30 horas cando as luces de todo o mundo se apaguen durante unha hora.
Desde o concello vaise contribuír simbolicamente e parcialmente, na medida do posible nesta iniciativa, do mesmo xeito, convida as veciñas e os veciños que desexen tamén sumarse a ela.
O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, asegura que os municipios teñen unha gran responsabilidade para reducir as emisións de gases do efecto invernadoiro. “Podemos facer das nosas cidades e pobos espazos máis verdes e mais sostibles e verdes, e temos a obriga de concienciar á poboación da importancia que ten preservar o planeta”.