Cerqueda conta cun novo supermercado Eroski

1 minutes read

Desde este xoves a parroquia de Cerqueda en Malpica, conta cun novo supermercado Eroski do grupo Vegalsa. As irmás Irene e Sonia Ordoñez, con esta nova aposta, toman o relevo xeracional dun supermercado que levaba 34 anos funcionado da man dos seus pais Carmen e Basilio.

No evento de presentación estivo o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, tamén Pedro Súarez, Director de Expansión e Franciquia de Vegalsa – Eroski City, e o párroco, Don Manuel García Souto, que foi o encargado de bendicir o novo establecemento. O rexedor deulle os parabéns á familia Ordóñez por emprender esta iniciativa e con ela seguir contribuíndo a crear emprego e dar servizo aos veciños/as de Malpica.

Na súa intervención Parga engadiu que «sempre é grato participar neste tipo de eventos que axuda a impulsar a economía da nosa vila. Espero que a creación deste supermercado sexa do agrado dos veciños/as e desexo que as irmás Ordoñez teñan o éxito que merecen para poder perdurar no tempo», concluíu.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?