O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) autorizou á Xunta a esixir en toda a comunidade autónoma a presentación do certificado covid-19 de vacinación para acceder aos centros sociosanitarios residenciais de maiores e de persoas con diversidade funcional, a instalacións pechadas nas que se practique actividade física e deportiva non federada, a piscinas cubertas e a eventos multitudinarios ou a aqueles que teñan autorizada a venda de alimentos ou bebidas para o consumo no seu interior. A medida terá que cumprirse desde este sábado. Os maxistrados destacan no auto que as persoas non vacinadas teñen a alternativa de presentar un certificado de proba diagnóstica negativa. A resolución do tribunal indica que a medida se implementa «en resposta a indicios racionais que poñen de manifesto a existencia dun perigo para a saúde da poboación que se pode ver agravado se non se adopta».
25