«Cesar a Carballido é a única opción posible en Ponteceso» afirma unha das súas ex-compañeiras

0 minutes read

Corren malos tempos para o goberno socialista de Ponteceso, iso que o alcalde Lois García Carballido posúe maioría absoluta desde maio de 2.019. A ex-concelleira de Persoal e Servizos Sociais, Isabel Vuelta, táchalle de «manipulador» e está convencida que a mellor alternativa que existe en Ponteceso é cesar a Lois García Carballido como alcalde, afirmando que “un partido de esquerdas non debería permitir ter un ditador á fronte dunha corporación municipal». Isabel Vuelta foi clara e contundente cunha publicación realizada nas redes sociais, onde afirma que «cesar a Carballido é a única opción posible en Ponteceso».