César Adrio, condenado a 30 anos de prisión por matar a Ana Enjamio

Garda Civil

  • A sentenza, que aínda non é firme, afirma que o autor cometeu o asasinato por un sentimento de machismo

César Adrio foi condenado a 30 anos e 4 meses de prisión polo asasinato de Ana Enjamio, ocorrido en Vigo na madrugada do 16 ao 17 de decembro de 2016.

Na sentenza, a Audiencia Provincial de Pontevedra acusa a Adrio dun asasinato con aleivosía, causándolle á vítima unha morte violenta cando esta estaba totalmente indefensa. No documento tamén se afirma que o autor cometeu o asasinato por un sentimento de machismo e dominación.

A sentenza non é firme, e pode ser recorrida en apelación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).