Chamamento á doazón de sangue debido a unha baixada xeneralizada das reservas

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) fai un chamamento xeneralizado á participación de toda a cidadanía na doazón de sangue e, de forma especial, aos doantes do grupo Cero Negativo.

A demanda de compoñentes sanguíneos, por causa do incremento da actividade asistencial dos centros hospitalarios, e a coincidencia coas vacacións de Nadal, provocaron unha diminución nas reservas de sangue. Neste sentido, a Axencia fai un chamamento á doazón de todos os grupos sanguíneos, e á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS, xa que os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns diarias para levar a cabo de forma axeitada o seu labor asistencial.

Así mesmo, as unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que aseguren o desenvolvemento asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.

ADOS agarda contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nas seguintes visitas:

DATACONCELLOS
Martes 26de decembroPraza de España (Ferrol), Los Rosales (A Coruña), Coristanco, Negreira, Cabo de Cruz (Boiro), Catoira, O Calvario (Vigo), Ponteareas, Mondoñedo, Leiro, Beade, Pobra de Trives.
Mércores 27de decembroAres, Os Mallos (A Coruña), Pastoriza (Arteixo), Melide, Praza Roxa (Santiago), Moraña, As Travesas (Vigo), Ponteareas, Praza Maior (Lugo) Trasmiras, Cualedro.
Xoves 28de decembroOrtigueira, Monte Alto (A Coruña), Buño (Malpica), Malpica, Bertamiráns (Ames), A Picota (Mazaricos), Cuntis, Teis (Vigo), Gondomar, Sarria, O Barco de Valdeorras.
Venres 29de decembroFene, Cee, Cantón -Obelisco (A Coruña), Padrón, Trazo, A Estrada, Tui, Cabral (Vigo), Vilalba, Allariz.
Sábado 30dedecembroFene, Cantón -Obelisco (A Coruña), Padrón, A Estrada, Tui, Vilalba.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha