31
Un home duns 50 anos apareceu morto a última hora deste sábado, coas mans atadas e cunha bolsa na cabeza na súa casa de Chapela. Un amigo da vítima deu o aviso tras varios días sen saber del. Ao parecer, tratábase dunha persoa moi metódica e ordenada, e a vivenda estaba impoluta cando os axentes accederon a ela. Ao lugar desprazáronse axentes das Policías Local e Nacional e a xuíza de garda do xulgado de Redondela para proceder ao levantamento do cadáver. Minutos antes chegaron os forenses ao escenario dos feitos. Polo momento descoñécense as causas do ocorrido e todas as hipóteses están abertas.