19
Este martes 10 de xaneiro ás 17:30 horas o IES Eduardo Pondal de Ponteceso recibirá a visita de Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal, investigador e experto internacional en xenética.
Impartirá unha charla titulada “Falemos de xenes e ambientes”.
A actividade, organizada polo Club de Ciencias, está aberta ao público. Aquelas persoas interesadas en asistir deberán enviar un correo a clubcienciainformatica@gmail.com.