Charla deportiva sobre actividades para maiores, este xoves, en Malpica

0 minutes read
  • Impartida por María Bardanca, desenvolverase no centro cívico a partir das 10:30 horas

O centro cívico de Malpica acollerá este xoves, a partir das 10:30 horas, unha charla enfocada nas actividades para persoas maiores, as enfermidades comúns e os exercicios máis recomendables. Será impartida por María Varela Bardanca, licenciada en Ciencias da Actividade Física e o Deporte. A maiores realizarase un taller práctico de actividade adaptada, con pautas a seguir no día a día.

Esta actividade está organizada polo Concello de Malpica, a través da concellaría de Deporte, e conta coa colaboración da Deputación da Coruña.