Charla sobre a soidade non desexada no centro residencial de Arteixo

O Centro de Atención a Persoas Maiores (CAPM) de Arteixo, pertencente á rede Consorcio Galego de Igualdade e Benestar e que xestiona a UTE COGAMI SIAD24 COMBINA2, organiza unha charla aberta sobre a soidade non desexada nas persoas maiores. A actividade terá lugar o venres, 19 de setembro, en horario de 16 a 17 horas, no Centro de Día e Residencial de Arteixo (Rúa Río Tambre nº4).

A sesión será facilitada por Marta Caselas, educadora social do CAPM de Arteixo, e pretende sensibilizar á comunidade sobre unha das problemáticas que máis afectan á calidade de vida das persoas maiores, promovendo a reflexión e o intercambio de experiencias.

As inscricións están abertas a toda a veciñanza con data límite o 15 de setembro e poden formalizarse a través do teléfono 981 119 240 ou no correo electrónico capmarteixo.consorcio@igualdadebenestar.org.

Esta iniciativa forma parte das accións impulsadas dende o Centro Residencial para fomentar a participación social e previr situacións de illamento entre a poboación maior.

Related posts

A Deputación da Coruña recibe máis de 330 solicitudes nas convocatorias de axudas de Política Social

UCIN Santiago propón a creación do Axente Cívico para mellorar a convivencia en épocas de alta afluencia turística

Presentadas oito ofertas para executar as obras da nova senda peonil e ciclista na AC-552, entre Arteixo e Lañas