33
- Celebrarase este sábado ás 11:00 horas
A biblioteca municipal de Ponteceso, dentro do novo plan municipal de compostaxe posto en marcha hai unhas semanas, acollerá este sábado unha charla explicativa sobre o correcto uso dos composteiros. Será ás 11:00 horas e estará impartida por un técnico de Sogama.
Para acudir a esta actividade as persoas interesadas deberán contactar co Concello no 981714000. Ademais, a través deste número tamén se poderán solicitar composteiros que serán distribuídos ao remate da sesión.