37
- Terá lugar no Salón de Actos do Concello e será impartida por unha traballadora social da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
O Salón de Actos do Concello de Fisterra acollerá este mércores, ás 11.15 horas, unha actividade de sensibilización e prevención do dano cerebral grazas a unha colaboración entre a Administración local e a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE). Na charla, impartida por unha traballadora social da entidade, trataranse as principais causas do dano cerebral (o ictus -que está detrás do 78% dos casos- e os accidentes de tráfico) e o modelo de atención e rehabilitación que se desenvolve nas asociacións galegas de dano cerebral ditado polo Ministerio de Sanidade a través do Imserso.
O acceso á charla é libre pero recoméndase inscribirse no teléfono 661 947 153.