Proposta do Presidente do Consello Europeo aos líderes comunitarios a poucos días antes dun cume crave. Tras reunirse bilateralmente este venres con todos os xefes de Estado e Goberno, que se verán en Bruxelas o 17 e 18 de xullo para tentar acordar o fondo de recuperación e o orzamento plurianual da UE (2021-2027), Charles Michel propón cambios: quere recortar o orzamento comunitario pero manter o fondo poscovid que se mantén en 750.000 millóns de euros.
«O noso obxectivo non é malgastar o diñeiro, senón investir e reformar. O noso obxectivo é transformar o proxecto europeo tendo máis en conta os desafíos climáticos, os dixitais e tamén facer que a Unión sexa máis resiliente. Quero unha mellor Europa. Máis forte. Debémosllo a todos os cidadáns europeos, sen importar onde vivan», declaraba Charles Michel.