Charo López estará no desfile da nova sección ArtEncaixe da XXX Mostra de Camariñas


A XXX Mostra do Encaixe Deputación da Coruña traerá como principal novidade a sección ArtEncaixe, o desfile na que a artesanía será protagonista.

Nesta pasarela, un dos nomes destacados será o de Charo López, onde presentará os seus deseños nos que as plumas e as flores serán os elementos máis destacados.

Para a deseñadora será a súa terceira participación, a primeira en solitario, xa que nas dúas edicións anteriores colaborara con Edith del Valle e Amaya Fernández.

Para este triséximo aniversario, Charo recupera o tocado de convidada, pezas artesás que “aínda que non representarán a identidade da miña marca, xa que toda a miña actividade a adico á noiva, o público si que poderá contemplar como emprego as técnicas de sombrerería nos elementos que presentarei en Camariñas”, sinala.

“O Encaixe é un produto moi versátil, co que se pode xogar para chegar a resultados como os que poderedes ver neste primeiro ArtEncaixe”. Charo López admite sentir “moita ilusión” por acudir a Camariñas nunha edición “especial en todos os sentidos”.