Chega a Carballo o filme “Reboiras. Acción e corazón”


Exhíbese este venres 25 de setembro nos cinemas Bergantiños. “Reboiras. Acción e corazón” é unha longametraxe documental dirixida por Alberte Mera que leva á pantalla un retrato fiel, construíndo a vida de Moncho Reboiras desde a vertente humana e política. A súa vida e o seu pensamento son recreados a través de entrevistas a 28 testemuñas que con el partillaron diversas etapas da vida. Ademais, a obra revive a través de secuencias de ficción as últimas horas de Xosé Ramón Reboiras Noia e inclúe filmacións históricas.