Chegou a Carballo unha exposición itinerante para desvelar todos os segredos da camelia

1 minutes read

Carballo abreu as súas portas á exposición itinerante A camelia na provincia da Coruña, dedicada a unha flor que non só enche de cor os nosos invernos, senón que ten unha gran beleza e unha riqueza botánica pouco valorada. Porque non hai casa que non teña polo menos unha planta de camelia, e aínda así é unha gran descoñecida.

Para que todas e todos saibamos moitas cousas sobre a camelia, ata o 10 de decembro teremos ao noso alcance na Praza do Concello unha exposición que consta de varios tótems con información e imaxes sobre a camelia, fotografías en gran formato de personaxes da provincia portando a flor, información sobre a ruta da camelia de Galicia… e nese paseo visual, tamén atoparemos decoración natural a base de plantas de camelia.

Ademais, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.30 horas estará aberta unha caseta onde poderás recibir información por parte do persoal da Sociedade Española da Camelia: cultivos e coidados, rutas turísticas, información de asociacións da camelia, exposición de produtos derivados da camelia e consulta de publicacións.

A exposición foi inaugurada este xoves, no acto participaron Carmen Salinero Corral, presidenta da Sociedad Española de la Camelia; Xosé Regueira, concelleiro e vicepresidente da Deputación da Coruña, e Evencio Ferrero, alcalde de Carballo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?