Chega a cuarta dose da vacina contra a COVID-19


Desde este luns comezará a administrarse de maneira simultánea en todas as comunidades autónomas españolas a segunda dose de reforzo da vacina COVID. Os maiores de 80 anos e persoas que se atopan en residencias serán os primeiros en recibila, ademais do persoal sociosanitario e aquela poboación que aínda non completou a pauta vacinal. Unha vez completados estes grupos, espérase que os seguintes en recibir esta picada adicional sexan os maiores de 60 anos. A vacinación contra o coronavirus cunha cuarta dose é xa unha recomendación clara para as persoas máis vulnerables á COVID-19 grave. Con todo, neste comezo de outono no que se espera un aumento da circulación do virus pola inevitable vida en interiores, aínda existen moitas dúbidas entre a poboación.