Un avión procedente da China con 1.396.000 máscaras e 74.650 traxes de protección, doados pola multinacional téxtil Inditex, o avión, un Boeing 747 de Atlas Air procedente da China chegou este luns a Zaragoza.
Todo este material para evitar o contaxio dos profesionais sanitarios que tratan enfermos de coronavirus foi cargado en camións no mesmo aeroporto para a súa distribución por toda España.
Segundo traballadores da empresa téxtil, este envío podería ser só o primeiro de varios, xa que decenas de provedores chineses que traballan desde hai anos con Inditex están a mostrar un enorme interese e disposición para enviar material. Prevese que os seguintes envíos váianse coordinando nos próximos días. De momento, e de maneira oficial, a empresa galega prefire non facer públicos nin oficiais os datos dos envíos.