14 toneladas de material sanitario chegaron da China a Madrid

0 minutes read

Este luns chegou a España o cargamento de case 14 toneladas de material sanitario procedente da China. O avión militar tomou terra a primeira hora da tarde deste luns en Madrid. No lote inclúense un millón de tests rápidos para detectar o coronavirus, que terán que ser certificados para comprobar que cumpren os requisitos de fiabilidade. Este avión, o maior aparello de carga das forzas aéreas españolas, tamén trouxo máscaras protectoras e equipos de protección persoal que serán xestionados polo Ministerio de Sanidade.