Chega a Fene o ciclo “Cultura no Camiño”

1 minutes read

O ciclo Cultura no Camiño de Fene comezará este sábado, 19 de setembro, con Asacocirco e o seu Circo de Lume, espectáculo que se poderá ver a partir das 22.00 horas nas inmediacións do CPS de San Valentín, entre os bloques 11 e 12 do barrio fenés. A seguinte función terá lugar o venres 25, ás 20 horas, na Casa da Cultura de Fene e terá como protagonista ao monologuista David Amor co seu espectáculo Love está en el aire. E xa por último, o ciclo concluirá cun concerto de O Sonoro Maxín, con De navallas e cumbias, o sábado 26 de setembro ás 22 horas na ACRD O Pote de Maniños.

Segundo informan dende a Concellería de Cultura, o aforo a todos os espectáculos será limitado ao obxecto de garantir as distancias de seguridade e os protocolos establecidos pola Xunta de Galicia por mor da COVID-19. Ademais, reservarase o dereito de admisión.

Para acceder a cada un dos espectáculos haberá que reservar previamente a entrada a través da páxina web https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/gl/