Chega a Malpica o foodtruck da campaña ‘Galicia sabe a mar’


O foodtruck da campaña “Galicia sabe a mar” que percorre Galicia, está este sábado, 18 de marzo, en Malpica Todas as persoas que se acheguen ata o foodtruck poderán degustar gratuitamente dos produtos galegos do mar. estará ubicado na Praza Villar Amigo no seguinte horario, de 12.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 horas. A concellería de Turismo do Concello de Malpica, que dirixe Alfredo Cañizo, colabora con esta actividade.