Chega o Gran Prix de Carrilanas de Esteiro, declarado de Interese Turístico Nacional

2 minutes read

Este xoves tivo lugar na praia de Parameán (Esteiro) a presentación do XXXIV Gran Prix de Carrilanas e o Festival das Carrilanas 2023, festividade declarada de Interese Turístico Nacional. Á cita acudiron en representación do novo goberno do Concello de Muros a alcaldesa María Lago Lestón e o concelleiro de deportes Damián Torea García, para amosar o seu apoio ao equipo organizador, que contou coa presencia do Presidente da A.D.C. Esteirana de Carrilanas David Fernández Lado, e a estrela da música local Samuel González Fernández (The Rapants).

O festival dará comezo a xornada do venres 14 de xullo por medio de diversas atividades previas aos entrenamentos libres de Carrilanas, pendentes do estado do circuito por mor da leve previsión de choiva. Á noite, o festival contará coas artistas galegas Fillas de Cassandra, Baiuca, Grande Amore e Familia Caamagno. Sábado 15 seguirán as festas coas actividades de día para público de todas as idades, ademais da sesión vermú, na que actuará o artista Pablo Balseiro. Seguidamente inciarase a Pole de Carrilanas. Á noite actuarán Lamontagne & Picoamperio, Tanxugueiras, Monoulious DOP, Boyanka Kostova e Cool Nenas.

Domingo 16 será o gran día, aberto coa actuación en sesión vermú da banda Quinkillada, e a baixada de Carrilanas de diversas modalidades: Lentas, Nen@s e Rápidas, que poderá seguirse en directo por medio dun enlace en stream. Para rematar terá lugar a entrega de premios e a habitual mexilloada. Toda a programación está dispoñible nas redes sociais do evento.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?