A IV edición da Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” xa ten finalistas despois de que o xurado visionase as 43 obras de teatro que se presentaron para participar neste certame; unha cifra que bate a mellor marca de participación de todas as edicións. A mostra, organizada polo Concello de Zas a través da Concellería de Cultura, terá lugar os días 23 e 30 marzo e 6, 13 e 27 de abril cos Auditorios de Zas e de Baio como centros da mostra. As funcións comezarán ás 21:30 horas e a entrada é, como sempre, de balde.
Na IV Mostra de Teatro representaranse cinco obras de teatro afeccionado para todo tipo de públicos e gustos, xa que haberá musicais, dramas e incluso comedias moi serias.
O xurado desta cuarta edición do certame está formado por:
Alberto López Villar, Membro do grupo de Teatro Badius
Ricardo Vigueret Gil, Membro do grupo de Teatro Badius
Pablo Soto Videla, Membro do grupo de Teatro Badius
Fidel Otero Pazos, Técnico de Deportes do Concello de Zas
Manuel García Velo, Concelleiro de Cultura do Concello de Zas
