Camariñas, Ponteceso, Laxe ou Malpica foron algúns dos municipios da comarca que acolleron esta filmación, para a que Carla Subirana elixiu a Costa da Morte tras percorrer en 2016 o Camiño dos Faros. Seguindo a súa metodoloxía como documentalista, nos anos posteriores foi ampliando o seu coñecemento da zona e dos seus habitantes, a partir do que creou unha historia que aborda a transformación dunha forma de vida tradicionalmente vinculada ao mar, a ameaza dos fenómenos meteorolóxicos extremos e os efectos negativos da acción humana na natureza.
O equipo de Sica, a nova película da produtora galega Miramemira, foi presentada na súa preestrea nos Cines Bergantiños. Este pase especial para o público da Costa da Morte, onde se levou a cabo a rodaxe, tivo lugar ademais na véspera da súa chegada mañá ao circuíto de salas comerciais de toda España.
A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades contribuíu á materialización deste título, filmado en Galicia e en lingua galega, cun investimento de máis de 250.000 euros a través da convocatoria de subvencións a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego de 2021, ademais de apoiar a súa promoción no seu paso polos festivais internacionais de cine de Berlín e de Málaga.