Chega Ecosystems 2030 A Coruña Summit 2022


A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu no Pazo Municipal de María Pita aos organizadores e patrocinadores do congreso de innovación tecnolóxica Ecosystems 2030 A Coruña Summit 2022, que terá lugar na Coruña a vindeira semana. Os días 2 e 3 de xuño, Palexco convertirase no espazo para as reflexións deste foro internacional que en palabras da alcaldesa suporá “unha grande oportunidade para consolidar á Coruña como referente de innovación científica e tecnolóxica”.

O congreso Ecosystems 2030 A Coruña Summit 2022 contará cunha sesión aberta á cidadanía e ao empresariado local, achegando o coñecemento profesional nacional e internacional a todos os coruñeses e coruñesas que o desexen. Unha idea que xorde do goberno municipal, co obxectivo de promover a interacción e participación do sector local no evento.

Entre os relatores confirmados no congreso Ecosystems 2030 A Coruña Summit 2022 están gobernantes como o ex primeiro ministro de Finlandia, así como altos executivos e directivos das compañías máis relevantes e influíntes do mundo: Google, Microsoft, IBM, Amazon, Mastercard, JP Morgan e Deloitte, entre outras. Inés Rey destacou tamén que “o Rey, Felipe VI, aceptou a invitación para ocupar a presidencia do Comité de Honra do Congreso, o que da conta da relevancia que Ecosystems2030 ten para o futuro do país”.