39
Din que é un personaxe moi moi bo. Contan que vive nas montañas do Courel e que baixa en época de Nadal para apalparlle a barriga aos nenos e deixarlle castañas aos menos fartos.
O Apalpador é un carboeiro amante da natureza que fomenta o respecto pola mesma. Achegarase a Bergantiños o vindeiro xoves día 19 ás 18:30 horas a través dunha visita á Biblioteca Rego da Balsa.