Chega o Samaín á biblioteca municipal de Muxía

1 minutes read

O Concello de Muxía pecha o mes de outubro celebrando o Samaín organizando unhas actividades lúdidas para a rapazada do municipio. Terá lugar o vindeiro sábado, 28 de outubro, a partir das 17:00 horas, na Biblioteca Municipal.

Na xornada, enmarcada dentro do programa Muxía Cultura Outonal, os nenos e nenas poderá coñecer a historia do Samaín a través de contos de medo, obradoiros e máis actividades. Deste xeito, preténdese achegar ás crianzas ás tradicións e ás festividades típicas dun xeito dinámico e participativo.

As persoas interesadas poderán anotarse na propia biblioteca municipal ou no teléfono 981 742 563.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?