Iníciase un dos xuízos máis esperados, o dos atentados yihadistas de Barcelona e Cambrils, de agosto de 2017. O proceso empeza este martes na Sala do Penal da Audiencia Nacional. No banco dos acusados sentan tres homes de nacionalidade marroquí: Mohamed Houli Chemlal, para quen a fiscalía pide 41 anos de cárcere; Driss Oukabir, para quen se pide 36 anos; e Ben Said Ben Iazza, para quen se solicita oito anos de prisión. A maioría dos integrantes da célula yihadista morreron antes ou despois dos ataques.
O pesadelo comezou o 17 de agosto, de fai tres anos, nas Ramblas de Barcelona, cun atropelo masivo cunha furgoneta. Horas despois houbo outro atropelo en Cambrils. Os atentados improvisáronse ao frustrarse os plans de colocar explosivos na basílica da Sagrada Familia da Cidade Condal.
En total, morreron 16 persoas, entre elas dous nenos de sete e tres anos. As vítimas do 17-A están decepcionadas. A Fiscalía non expón o delito de asasinato para os tres acusados, xa que non foron autores materiais. Algunhas acusacións particulares si o fan. Piden condenas superiores aos 2.000 anos de cárcere e a prisión permanente revisable para dous dos acusados.