A presentación da campaña tivo lugar este martes, ás 13:45 horas, na Praza do Concello de Carballo, onde estiveron presentes o alcalde, o concelleiro de promoción Económica e membros da directiva do CCA. Trátase dunha iniciativa do Centro Comercial Aberto (CCA) para agasallar e agradecer a súa clientela o seu apoio e a súa aposta polo comercio local carballés.
Nesta cuarta edición do !Que Rule, Que Rule! contan con experiencias na hostalería carballesa, sorpresas que dende o CCA fixeron para a ocasión, xeados, agasallos cos que colaboran empresas de Carballo e o sorteo de 500€ en cheques de compra para mercar nos case cen comercios asociados á entidade.
A campaña desenvólvese dende o sábado 27 de maio ate o sábado 10 de xuño, nestes días os 53 comercios participantes lucirán engalanados coa imaxe da mesma, e toda a súa clientela recibirá con cada compra un vale co que poderá participar no xogo da ruleta.
A ruleta do CCA Carballo botará a xirar na Praza do Concello de 11h a 14h e de 17h a 21h do sábado 10 de xuño, e será a encargada de repartir todos os premios da campaña, garantindo que todas as persoas participantes recibirán un agasallo directo ou participarán no sorteo de cinco cheques de compra por valor de cen euros cada un; os sorteos celebraranse ás 14h e ás 21h no remate da sesión de mañá e de tarde.
Unha vez máis esta actividade é posible grazas á implicación dos case cen comercios asociados ó CCA, ó apoio que o CCA recibe de empresas e hostalería carballesa, así como ó patrocinio do Concello de Carballo, Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia.
Promo do evento.