Chega WiFi 6


Trátase dunha tecnoloxía de comunicación inalámbrica que permite conectar distintos dispositivos a redes sen fíos mediante o uso de chips inseridos nos mesmos. O ano pasado introduciuse o novo estándar para conexións inalámbricas chamado Wifi 6 e en consecuencia dos avances tecnolóxicos e a capacidade do ancho de banda en 2020 presentouse o Wifi 6E, unha versión que grazas a que pode operar na frecuencia de 6 Ghz admite a máis usuarios conectados á vez.

En xaneiro de 2020, Wi-fi Alliance anunciou a chegada dunha nova versión do Wifi 6 chamada Wifi 6E. A escaseza do espectro electromagnético foi o que fixo que se desenvolvese unha nova tecnoloxía, xa que o que máis destaca do Wifi 6E é a súa capacidade para utilizar a banda de 6 Ghz. Isto fará posible que os usuarios teñan 14 canles adicionais de 80 MHz e 7 canles adicionais de 160 MHz de ancho de canle que se engaden aos 2,4 e 5 Ghz xa existentes en Wifi 6.