A localidade de Nerva, en Huelva, está cansada de ser a entulleira de Europa. As últimas 12.000 toneladas que están a chegar son de residuos altamente tóxicos que acaban a só 700 metros das vivendas de este municipio andaluz. Nin sequera son vertidos de ningún país da Unión Europea senón o lixo xerado pola construción dun porto de luxo en Montenegro, a máis de 3.200 quilómetros de distancia por estrada. A entulleira nun principio construíuse para satisfacer unha demanda de ámbito rexional, pero tras 25 anos os veciños non deixaron de denunciar que a entulleira incumpre os seus compromisos ambientais e as promesas de desenvolvemento para o municipio. Organizacións ecoloxistas e veciños manifestáronse para que se pechen as instalacións. Unha reivindicación á que se sumou agora tamén o Concello. O consistorio recibía un pago anual como compensación polo risco de almacenar estes residuos, unha cantidade que a empresa xa nin paga. Debe máis de medio millón de euros.
37