Chegan a Santiago mozos de toda España participantes nos proxectos de voluntariado europeo

Santiago de Compostela a colleu a persoas mozas de toda España asistentes ao encontro de voluntarios participantes no programa Corpo Europeo de Solidariedade (CES), que se celebra esta fin de semana na cidade. Un evento anual, promovido polo Injuve, que cada ano ten lugar nunha comunidade autónoma diferente e que este ano, coincidindo tamén co Xacobeo 2021-2022, organiza Galicia.

Esta iniciativa está enmarcada dentro das actividades do ciclo de formación e avaliación previstas no programa CES, e ten como obxectivo intercambiar experiencias entre os participantes, fomentar a creación de redes, reflexionar e avaliar as actividades levadas a cabo dentro dos diferentes proxectos, así como as competencias adquiridas; poñer en valor a experiencia do voluntariado nas persoas mozas participantes e dar a coñecer tamén as oportunidades que ofrecen estes programas de voluntariado europeo.

Percorreron desde o Monte do Gozo ata o Obradoiro, camiño no cal os participantes aproveitaron para compartir as súas vivencias dentro do Corpo Europeo de Solidariedade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha