50
A exposición «Galicia un relato no mundo» vai collendo forma no Gaiás. Estes días foron chegando boa parte das pezas, procedentes de diferentes países de Europa e de América. Este xoves xa estará todo listo para a inauguración e que o venres se poida abrir ao público esta mostra internacional, a primeira das tres grandes exposicións que organiza o a Xunta con motivo do Xacobeo 2021.