O Airbus 400 do Exército do Aire desprazado a Canadá para repatriar aos tres sobreviventes e os corpos de cinco dos nove falecidos no naufraxio do Villa de Pitanxo aterrou a medianoite no aeródromo militar de Santiago de Compostela procedente de Terranova, Canadá. O presidente do Goberno Pedro Sánchez, chegara unha hora antes noutro avión ao citado aeródromo, para recibir aos sobreviventes e os corpos dos falecidos, e reuniuse con familiares da tripulación, reunión cuxo contido non transcendeu. Presentes estiveron tamén o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira de Mar, Rosa Quintana, entre outros. Pedro Sánchez, asegurou este luns que as autoridades canadenses trasladáronlle que, en canto melloren as condicións meteorolóxicas, «axudarán» nos labores de procura dos mariñeiros desaparecidos.