Chegou a Compostela a peregrina internacional 100.000 procedente dos Estados Unidos

0 minutes read

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recibiu no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino a Hannah Barr, procedente dos Estados Unidos, e xunto o responsable da oficina de atención ao peregrino e arquiveiro canónico da Catedral, Francisco Buíme, entregoulle a Compostela que a acredita como peregrina internacional 100.000 deste 2022 logo de percorrer o Camiño Portugués dende Porto. No que vai de ano recolleron a Compostela máis de 208.000 persoas, das que o arredor do 45% son peregrinos internacionais procedentes de Estados Unidos, Alemaña, Portugal, Italia ou Francia.