- A apertura ao público en xeral será este luns día 8 ás 10:00 horas.
Despois de máis de tres anos de obras este sábado ponse en marcha o parque comercial da Revolta en Carballo. Trátase dunha iniciativa dos empresarios Manuel Añón, Juan Vilariño e José Ramón Regueira, e que estará dirixido por Pablo Gómez Polín. O acto inaugural está previsto para as 20 horas, será a porta pechada, para as autoridades e con invitación, tamén para a prensa. Está confirmada a asistencia do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde. O parque comercial A Revolta contará con firmas de primeiro nivel a escala mundial como son: Mercadona; Jysk; Sprinter; Tedi; Tiendanimal; Pepco; Merkal; McDonald’s; Max Colchón; Arenal e unha estación de servizo.