Chegou o día do acontecemento do ano en Carballo | Apertura do parque comercial A Revolta

  • A apertura ao público en xeral será este luns día 8 ás 10:00 horas.

Despois de máis de tres anos de obras este sábado ponse en marcha o parque comercial da Revolta en Carballo. Trátase dunha iniciativa dos empresarios Manuel Añón, Juan Vilariño e José Ramón Regueira, e que estará dirixido por Pablo Gómez Polín. O acto inaugural está previsto para as 20 horas, será a porta pechada, para as autoridades e con invitación, tamén para a prensa. Está confirmada a asistencia do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde.  O parque comercial A Revolta contará con firmas de primeiro nivel a escala mundial como son: Mercadona; Jysk; Sprinter; Tedi; Tiendanimal; Pepco; Merkal;  McDonald’s; Max Colchón; Arenal e unha estación de servizo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha