Chegou o Nadal a Carballo


Este xoves inaugurouse o alumeado do Nadal en Carballo, boa parte do goberno municipal estivo presente na Praza do Concello, onde se pulsou o botón que puxo en funcionamento miles de bombillas led multicolor que lucirán polas principais rúas da vila ata pasado o día de Reis.