Cheo total en Boqueixón na presentación do conto infantil ‘Lupiña e o seu bosque máxico’

1 minutes read

O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, presidiu a presentación do conto infantil “Lupiña e o seu bosque máxico”, destacando que o libro foi editado polo Concello de Boqueixón, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, e que se suma outros libros editados polo Concello sobre esta mesma temática como “A cova do Pico Sacro: en el interior de la compostelana montaña de cuarzo”, do ano 2004. “É o bo que ten a literatura, que hai unha gran variedade de estilos e ten unha gran diversidade de públicos. Se aquel libro de 2004 era un tratado dirixido máis a historiadores, hoxe presentamos un conto para nenos”, apuntou o alcalde boqueixanés.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?