Chile renuncia a organizar os cumes de APEC e COP25 debido ás protestas

1 minutes read

O presidente Sebastián Piñera tomou a decisión de non celebrar o foro de Cooperación Económica de Asia Pacífico (APEC, siglas en inglés) nin o cume das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (COP25) que terian lugar a fin de semana do 16 de novembro e o 2 de decembro, respectivamente. Esta decisión non só foi un revés para os comercios e hoteis en Santiago que esperaba recibir ás decenas de delegacións e a todas as persoas relacionadas ao evento, senón que ademais Chile perde a extraordinaria oportunidade de ser escenario do peche dun acordo histórico entre Estados Unidos e China que daría fin á guerra comercial. A firma, estaba prevista para os días do APEC, segundo proxeccións do presidente estadounidense Donald Trump e quen reiterou en diferentes ocasións a súa intención de chegar a unha paz pactada co primeiro ministro chinés Xi Jinping.