- A imaxe internacional do país dinamitouse polas protestas sociais
Chile segue sen acougarse e xa pasaron tres semanas desde o estalido social que se produciu no país contra as desigualdades sociais. Por agora hai polo menos 20 mortos.
Despois da anulación dos cumes do Foro de Cooperación Económica Asia-Pacífico 2019 (APEC) e da Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático de 2019 (COP25), Chile tamén queda sen a final da Copa Liberadores, na que se enfrontarán o equipo brasileiro Flamengo e o arxentino River Plate no Estadio Monumental de Lima.
Os disturbios e protestas contra as desigualdades sociais dinamitaron a imaxe internacional do país e mesmo afectaron á economía, xa que o dólar alcanzou este martes os 746 pesos chilenos, un cambio que marca un máximo histórico.
O presidente chileno, Sebastián Piñera, volveu a reiterar que cumprirá a totalidade do seu mandato, pese ao clamor popular que pide a súa renuncia.